Félix Moreno Astray
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1841 Santiago de Compostela, España |
Morte | 21 de abril de 1880 (38/39 anos) Alcázar de San Juan, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Félix Moreno Astray, nado en Santiago de Compostela en 1841 e finado en Alcázar de San Juan o 21 de abril de 1880, foi un sacerdote, xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na súa época de seminarista fundou e dirixiu o Álbum Literario de Galicia. E ao rematar os estudos dirixiu El Diario e colaborou en La Estrella Compostelana. Ordenouse sacerdote e en Santiago de Compostela fundou unha imprenta onde editou El Diario de Santiago e a revista teolóxica El Cura de Aldea. A partir da Revolución de 1868 abandonou a relixión católica e dedicouse a predicar a relixión presbiteriana. Inscribiuse na Igrexa Evanxélica de Madrid para formarse como pastor. En 1870 marchou como misioneiro á arquidiocese de Toledo e na vila de Camuñas, coa axuda do alcalde republicano federal Luis Villaseñor, permaneceu varios anos logrando converter a noventa familias. En 1874 trasladouse a Alcázar de San Juan e fundou o periódico El Correo de La Mancha (1874-1875).
Influencia noutros autores[editar | editar a fonte]
A obra de Félix Moreno Astray gozou dun certo recoñecemento entre os seus contemporáneos. Alén de ser citado entre os precursores do galeguismo por Murguía, a súa obra foi fonte de inspiración para intelectuais como Alfredo Brañas, quen menciona a súa Historia de la ciudad compostelana en El regionalismo[1].
Obras[editar | editar a fonte]
- Santiago pintoresco, monumental, artístico y literario. Historia de la ciudad compostelana, 1863.
- El viagero en la ciudad de Santiago, 1865.
- Luisa (poemario).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Brañas, Alfredo (1982). El regionalismo (en castelán). A Coruña: La Voz de Galicia. p. 200. ISBN 8460026027.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Félix Moreno Astray |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Murguía, Manuel (1886). Los precursores. A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.
- González Raposo, Benito Félix Moreno Astray: Un heterodoxo gallego.